Os alumnos de 2º ESO fixeron a ruta do Eifonso na parroquia de Bembrive, Esta ruta incorporouse en 2016 ao Parque Botánico Arco da Vella. Ademais dun rico patrimonio etnográfico formado por muíños, pontes e vellas construcións abandoadas, puidemos observar a riqueza da fauna e flora características do bosque caducifolio. Un verdadeiro pulmón verde preto da cidade.
Embarcamos nunha nova aventura. Os alumnos/as do Colexio Calasancias de Vigo estamos levando a cabo o proxecto Paisaxe e Sustentabilidade dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Non vos perdades todas as actividades interesantes que iremos facendo como parte deste proxecto ao longo do curso. ¡Xuntos podemos acadar grandes cousas!


























