lunes, 13 de marzo de 2017

CARNET DE TERRAIN ET CARTE DU RIVIÉRE EIFONSO

Despois de facer Aruta de sendeirismo polo río Eifonso os alumnos de 2º A e 2º B da ESO realizaron un proxecto na clase de Francés sobre esa ruta. Crearon unha libreta de campo e un mapa da ruta cos puntos máis significativos. Buscaron información para coñecer o nome científico, o nome en galego, castelán e en francés das distintas especies vexetais e animáis deste entorno.  Ademáis clasificaron e etiquetaron as follas das árbores ou prantas que descubriron nesa ruta.





miércoles, 1 de marzo de 2017

COIDAMOS O NOSO ENTORNO

Os alumnos/as de 4º A de Educación sumerxímonos de cheo na reciclaxe e aprendemos un montón de cousas sobre a contaminación e o coidado do medio ambiente.  Realizamos unha carta á Madre Natureza, vimos vídeos, abrimos os contedores e descubrimos o que se atopa en cada un, realizamos xogos con flashcards e con distintos materiais sobre onde tiraríamos cada un, buscamos información para elaborar carteis e concienciar aos nosos compañeiros de cómo protexer a natureza, realizamos esquemas e moitas cousas máis. Agora somos conscientes de que casi todo pode ter unha segunda vida e comprometmonos a que imos reciclar na clase no noso día a día ¡Ímolo conseguir!