Os nenos e nenas de 1ºEP participaron nunha visita a Casaplanta, integrada dentro do proxecto da materia Natural Science chamado "About Living Things".
Coa axuda de dúas guías, visitaron as súas instalacións e estiveron en contacto con todo tipo de plantas. Aprenderon moitas cousas sobre as súas características, clasificación, coidados... e tiveron a oportunidade de plantar.
¡Encantounos a visita!


